Discografía

cover
SUMRRÁ
7 visións
Clermont Music
  • Artista:

    Sumrrá

  • Data de Publicación:

    2021-04-28

  • Selo discográfico:

    Clermont Music

Neste último album, SUMRRÁ fai o exercicio tan inspirador de coller perspectiva, e replantexarse a través da música a nosa propia existencia. Os tres músicos afincados en Compostela miran con novos ollos ó "Sapiens sapiens", ó "Espazo interior" que habita dentro de cada un de nós, ou a "Ra", o astro Rei, fonte de toda vida. Reflexionan sobre a nosa eterna posición na "Periferia Universal", ou á permanente danza das "Forzas Gravitatorias". Contan a través da súa música qué foi o que aconteceu "13.700 millóns de anos despois", ou por qué son 7 os graos que separan "Asuán de Alexandría". Un resultado tan sorprendente como revelador.

"7 visións" lúcidas, arrolladoras, xeniáis... O mellor album de SUMRRÁ, xa está aquí...